Espera

Espera

Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na conca do río Guadalete (3.969 h [1996]). A agricultura (cereais e oliveiras) e as industrias derivadas son a base da súa economía. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo de Espera e a igrexa de Santa María de Gracia.