Esperante, Santiago de

Esperante, Santiago de

Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída en estilo renacentista no s XVI, ten unha soa nave de planta rectangular e cuberta de madeira a dúas vertentes. O presbiterio cóbrese cunha bóveda de crucería coas claves decoradas cos escudos de armas dos señores da casa-fortaleza de Vilar. No interior consérvase unha pedra de armas de 1596 cos escudos dos Camba, Fernández de Lemos, Taboada e Ulloa no muro do Evanxeo. Na fachada destaca a espadana composta por tres corpos.