Esperón Novas, Antolín

Esperón Novas, Antolín

Avogado e escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en Pontevedra foi catedrático de Retórica e Poética, fiscal da delegación de Facenda e síndico do concello. Posteriormente, trasladouse a Madrid e exerceu a docencia no Instituto Español e no Ateneo, ademais de dar clases de administración e dereito penal. En 1852 foi nomeado alcalde de Gijón, e logo foi comisario provincial de Albacete. Establecido de novo en Pontevedra en 1855, foi deputado provincial por Ponte-caldelas e catedrático de Francés no Instituto de Pontevedra e director do mesmo. Colaborador de La Reforma, Diario de Pontevedra, La Distracción, Las Musas del Lérez, El Heraldo, El Continental e La Ilustración, destacou como orador. Publicou, entre outras obras, Manifiesto al público de Pontevedra: sobre la creación de una academia de jurisprudencia (1842), Memoria descriptiva de la villa de Gijón (1852), Derecho político-constitucional de España (1854) e Discurso... con motivo del Centenario de Calderón de la Barca (1881). Foi fundador da Sociedad Económica de Pontevedra e membro da de Santiago de Compostela.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra

  • Deceso