1 espertar

1 espertar

(

  1. v t
    1. Interromper o sono de quen estaba durmindo.

      Ex: Espertouno ás sete para ir traballar.

      Sinónimos: acordar, despertar.
    2. Facer que alguén recupere o coñecemento despois de perdelo por estar en coma ou por outra causa.

      Ex: A Ramón a música do grupo A Roda espertouno do coma.

      Sinónimos: despertar.
  2. v t
    1. Facer que alguén se decate de que está enganado ou que vive unha ilusión que non é verdadeira.

      Ex: Aquel novo testemuño espertouna do seu engano.

      Sinónimos: despertar.
    2. Facer que alguén actúe con máis astucia ou intelixencia.

      Ex: A grave situación económica espertouno e reaccionou a tempo.

      Sinónimos: despertar.
  3. v t

    Provocar na mente ou no ánimo unha sensación, desexo, ou sentimento latente ou non.

    Ex: O concerto espertou o seu interese pola música clásica.

    Sinónimos: despertar.
  4. v i
    1. Deixar de durmir.

      Ex: Teño sono porque hoxe espertei moi cedo.

      Sinónimos: acordar, despertar.
    2. Recuperar o coñecemento despois de perdelo por estar en coma ou por outra causa.

      Ex: Sufriu un desmaio e cando espertou non recordaba qué pasara.

      Sinónimos: despertar.
  5. v i
    1. Decatarse alguén de que está enganado ou que vive unha ilusión que non é verdadeira.

      Ex: Espertou do seu erro cando quedou sen amigos.

      Sinónimos: despertar.
    2. Volverse alguén máis intelixente ou astuto.

      Ex: É necesario que María esperte e estudie máis antes de que suspenda.

      Sinónimos: despertar.
  6. v i

    Sentir unha sensación, desexo, ou sentimento latente ou non.

    Ex: O meu gusto polo teatro espertou ó ver unha obra ós oito anos.

    Sinónimos: despertar.
Conxugar
VERBO 1 espertar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espErto
espErtas
espErta
espertamos
espertades
espErtan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertaba
espertabas
espertaba
espertabamos
espertabades
espertaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertei
espertaches
espertou
espertamos
espertastes
espertaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertara
espertaras
espertara
espertaramos
espertarades
espertaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertarei
espertarás
espertará
espertaremos
espertaredes
espertarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertaría
espertarías
espertaría
espertariamos
espertariades
espertarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espErte
espErtes
espErte
espertemos
espertedes
espErten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertase
espertases
espertase
espertasemos
espertasedes
espertasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertar
espertares
espertar
espertarmos
espertardes
espertaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
espErta
-
-
espertade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertar
espertares
espertar
espertarmos
espertardes
espertaren
Xerundio espertando
Participio espErto/espertado
espErta/espertada
espErtos/espertados
espErtas/espertadas