Espinar, El
Espinar, El
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, na marxe dereita do río Moros (5.854 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura e a cría de gando vacún. O desenvolvemento nos últimos anos das vías de comunicación e do turismo favoreceu o sector servicios. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Nuestra Señora de La Losa (s XIII) e os restos dun antigo palacio de caza de Xoán II (s XIII).