Espinosa, Miguel

Espinosa, Miguel

Escultor. Activo en Palencia entre 1531 e 1558. Traballou con Diego de Siloé, o seu mestre, na portada da sancristía da catedral de Granada (1531). Entre as súas obras destacan os púlpitos da catedral de Palencia (1541) e de Aranda de Duero (1544-1547), e a portada da igrexa de Santiago en Medina de Rioseco (1549).