Espinosa de los Monteros
Espinosa de los Monteros
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado na marxe esquerda do río Trueba (2.303 h [1996]). As principais actividades económicas son a gandería e as industrias alimentarias (conservas, queixos e manteigas). As súas orixes están nas repoboacións medievais; desde o s XI pertenceu ao mosteiro de Oña e posteriormente foi señorío dos Velasco. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo dos Condestables (ss XIV-XV), a casa dos Marcide (s XV), as igrexas de Santa Cecilia (s XVI) e de San Nicolás (s XVIII), a casa dos marqueses de Chiloehes, de orixe medieval, aínda que reedificada no s XIX, e a casa do concello (s XIX).