Espiñoso, San Miguel de

Espiñoso, San Miguel de

Igrexa parroquial situada en Espiñoso (Cartelle). De estilo barroco, construíuse en 1749 e ampliouse en 1780. No seu interior destaca a ábsida cuberta con bóveda de crucería, o retablo maior neoclásico e os retablos laterais, un con elementos aproveitados dunha obra anterior do s XVIII e outro de finais do s XIX. Na fachada sobresaen os capiteis vexetais das pilastras que flanquean a porta, a espadana e o escudo de armas dos Zúñiga e Biedma.