espiráculo

espiráculo

(

  1. s m [ANAT]

    Cada un dos orificios de carácter respiratorio que presentan os peixes condritios detrás de cada ollo, e que pon en comunicación a auga do exterior coas cámaras branquiais.

  2. s m [ANAT]

    Cada un dos orificios que, nos cetáceos, poñen en comunicación a cavidade nasal co exterior, polos que entra o aire atmosférico e sae o aire que se expira, a miúdo en forma de vapor.

  3. s m [ANAT]

    Cada un dos orificios respiratorios de diversos artrópodos que poñen en comunicación o exterior co aparato traqueal ou pseudopulmonar interno.

  4. s m [ANAT]

    Cada un dos orificios que serven para a saída da auga que molla as branquias das larvas dos anfibios anuros, que desaparece cando as branquias se substitúen por pulmóns.