Espiral
Espiral
[PUBLIC]
Revista bimensual aparecida en decembro de 1982 en Porto. Subtitulouse “Periódico independentista de información e debate”. Cesou a súa edición en 1986 (nº19). Dirixírona Xosé García Crego e Xosé L. Méndez Ferrín. Incluíu información política e artigos de carácter literario e cultural. Na súa segunda época de edición, dende xullo de 1996, subtitulouse “Periódico de información e debate para o socialismo e a independencia de Galicia”. Nesta nova andaina, dirixiuna Xosé García Crego e editouna a Fronte Popular Galega (FPG).