Espirituais
Espirituais
Escisión da orde franciscana (OFM), coñecidos tamén como fraticelli, que interpretaba rigorosamente a regra e o testamento de san Francisco. Xurdiu ao redor de Pierre Olieu, Ubertino de Casale e Pietro de Macerata, entre outros, que protestaron no Concilio de Lion (1274) contra a interpretación que a orde franciscana facía da pobreza, que cualificaban de laxa. En 1294 Celestino V permitiulles segregarse da orde e formar a congregación dos pobres eremitas celestinos, disolta rapidamente por Bonifacio III. Mesturáronse coas doutrinas escatolóxicas de Gioacchino de Fiore, e na súa prédica da pobreza evanxélica, propugnaron unha reforma da Igrexa, viciada segundo eles polos intereses temporais. Foron condenados polo papa en 1317.