espiritualidade

espiritualidade

(

  1. s f

    Calidade de espiritual.

  2. s f [RELIX]
    1. Sensibilidade polos valores espirituais.

      Sinónimos: relixiosidade.
    2. Desenvolvemento da dimensión espiritual, fronte á natureza material ou corporal. A partir deste concepto xurdiron moitas escolas de espiritualidade, na maior parte dos casos vinculadas a unha personalidade ou a unha orde relixiosa concreta: así dentro do ámbito cristián, fálase, por exemplo, de espiritualidade franciscana, ignaciana ou beneditina, entre outras.