esporón
(< 2 espora)
-
s
m
[ZOOL]
Apéndice agudo que presentan as extremidades dalgúns animais. Nas aves é unha hipófise ósea do tarso-metatarso, presente nos machos de moitas ordes, utilizado, xeralmente, como arma nas loitas de celo; noutras aves está presente nos dous sexos, sitúase nas ás e non ten función agresiva. Nos arácnidos e meróstomos é unha hipófise situada nas extremidades anteriores dos machos. Nos mamíferos monotremas, como o ornitorrinco, é unha excrecencia ósea na cara interna das patas posteriores dos machos. Algúns mamíferos ruminantes e équidos téñeno en forma de protuberancia córnea que é un vestixio dun dedo non desenvolvido.
-
s
m
[ANAT]
Prominencia aguda e sobresaínte.
-
s
m
[BOT]
Prolongación tubular e pechada da base do cálice ou da corola.
-
s
m
-
Punta na que remata a proa dos barcos.
-
Parte saínte e reforzada na proa dos buques de guerra que se empregaba como arma para acometer as naves inimigas.
-
-
s
m
Contraforte dunha construción.
-
s
m
Construción en forma de ángulo agudo que se coloca nos piares dunha ponte e que ten como función cortar a corrente e frear a forza desta.