esporozoo

esporozoo

(< esporo- + -zoo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos esporozoos.

  2. s m [PROTISTA]

    Organismo do filo dos esporozoos.

  3. s m pl [PROTISTA]

    Filo de protistas que engloba unhas 5.000 especies, habitualmente sen orgánulos para a locomoción durante a súa fase adulta, e que presentan dentro do seu ciclo vital unha fase de espora. Son organismos parasitos, algunhas especies de xeito intracelular, e outras nos fluídos e órganos dos animais. Entre os esporozoos máis importantes para o home están os pertencentes ao xénero Plasmodium, denominados vulgarmente plasmodios, que causan o paludismo nas aves e nos mamíferos, e o Plasmodium vivax, que produce o paludismo ou malaria humana, típica de zonas tropicais e que se transmite pola picadura dos mosquitos do xénero Anopheles. Algúns esporozoos son causantes de toxoplasmoses que lles afectan especialmente ás persoas con SIDA.

Palabras veciñas

esporón | esporopolenina | esporóxeno -na | esporozoo | esporranchar | esporta | esportelar