Esquilino

Esquilino

Nome dun dos sete montes sobre os que se fundou a cidade de Roma que, segundo as fontes clásicas, foi conquistado por Servio Tulio xunto co Viminal. Na época imperial situábase extra muros de Roma e contaba cunha poboación integrada maioritariamente por plebeios. Durante o Imperio construíronse nel o templo de Minerva, a Domus Aurea e as termas de Tito e de Traxano. Nas escavacións arqueolóxicas localizáronse restos dun hipoxeo con pinturas murais (s III a C), que representan escenas da antiga historia de Roma. No s IV construíuse a basílica de Santa Maria Maggiore.