Esquina del Norte, La
Esquina del Norte, La
Publicación aparecida na Coruña en agosto de 1987. Subtitulouse “El diario de menor tirada de Galicia”. Xurdiu a partir da creación dun colectivo artístico-cultural que viña de constituírse tralo desfile Coruña Acción-Moda. Este colectivo agrupou artistas, fotógrafos, actores, expertos en vídeo, músicos, pintores e escritores de diversas tendencias.