Esquipulas
Esquipulas
Cidade de Guatemala, no departamento de Chiquimula (6.912 h [estim 2002]). Nesta localidade reuníronse en maio de 1986 (Esquipulas I) e en agosto de 1987 (Esquipulas II) os presidentes dos países centroamericanos para lograr a pacificación da rexión. Nos acordos asinados determinouse o establecemento dun plan de paz e a creación dun Parlamento Centroamericano.