Estación Espacial Internacional
Estación Espacial Internacional
Nome científico:
[ISS]
Base espacial formada por tres módulos (Unity, Zaria e Zvezdá) que suman 81 tm de masa e 43 m de lonxitude, ademais dunha base para paneis solares (ITS-Z1) e un porto de enlace (PMA-3). A ela poden acoplarse tanto os transbordadores espaciais norteamericanos como a nave rusa Sojuz. Dá a volta á Terra cada hora e media, a unha altura en órbita de 390 km. O lanzamento do primeiro segmento tivo lugar en novembro de 1998 e a construción en órbita chega ata o ano 2006. Cun custo que supera os 72.000 millóns de euros, na súa elaboración participan 17 países, entre eles os socios principais, EE UU e Rusia; España colabora a través da Axencia Europea do Espacio (ESA). A tripulación máxima da estación pode chegar ata as 7 persoas.