1 estada
-
s
f
[CONSTR]
Construción provisional feita con elementos de metal ou madeira, que soporta plataformas de traballo para facer accesibles aos obreiros os lugares onde teñen que traballar. A estada baixa (ata uns 2 m de altura) está formada por dous ou máis soportes sobre os que descansan dous ou tres taboleiros. A estada alta de madeira, en desuso, estaba formada por uns pés dereitos que tiñan a súa base introducida en botes ou bidóns cheos de area; nos pés atábanse as vigas, horizontais, que unían a estada coa construción. Nas estadas altas de metal o soporte dos taboleiros está constituído por un feixe de barras metálicas que, gracias á súa concepción modular, pode medrar en todos os sentidos configurando unha estrutura reticular, lixeira, sólida e adaptable.
-
estada voante
[CONSTR]
Clase de estada suspendida que pode avanzar apoiándose na parte da obra xa rematada. Utilízase para a construción de viadutos a grande altura do chan ou cando este resulta inaccesible.