estadea
-
s
f
[ETN]
isión fantástica que adopta a forma de pantasma alta, branca e cuberta cun sudario do que sobresae unha caveira con ollos vermellos como brasas. Adoita encabezar o cortexo da Santa Compaña e pode ser unha alma en pena que trae o aviso da morte. Ten certa semellanza cun ser que encabeza a comitiva da procesión de almas na Bretaña, chamado ankou.
-
s
f
[ETN]
Procesión de almas en pena que durante a noite visitan os camiños para anunciar a morte ou recoller as almas das persoas que veñen de morrer. Os seus compoñentes son defuntos que descansan no cemiterio parroquial e que se xuntan na igrexa para facer o percorrido. Na comitiva participa algunha persoa viva que se encarga de levar diante da procesión a cruz parroquial, a caldeireta de auga bendita e a campaíña. Este ser vivo só se pode librar da súa función se atopa outro que teña a desgraza de se cruzar no seu camiño e non saiba afastarse deles. Recibe tamén a denominación de aparición, estantiga, hoste, pantalla e Santa Compaña.