Estadea
Estadea
Publicación aparecida o 1 de decembro de 1994 en Pasaia e subtitulada “Revista de Gastronomía, Literatura, Arte y Sociedad: Casa Galicia Pasajes”. Edítase coa colaboración da Casa de Galicia de Donosti e a Cofradía de la Queimada. Dirixida por José Antonio Vilaboa Barreiro, trátase dunha publicación societaria, creada para dar a coñecer a cultura e a gastronomía galega en Euskadi. Ademais, tenta servir de ponte entre o pobo galego e o vasco. Xunto aos seus artigos, incluíu numerosas fotografías da sociedade e de motivos galegos.