estandarte

estandarte

(

  1. s m
    1. Insignia ou bandeira dunha corporación militar, en especial a das tropas de cabalería.

    2. Insignia ou bandeira en que figura a imaxe dun santo ou da Virxe María e que serve como distintivo dunha confraría ou comunidade relixiosa.

      Sinónimos: pendón.
    3. [HERÁLD]

      Bandeira que se representa en forma cadrada, pendurada duns cordóns amarrados a unha hasta, e que remata en dúas puntas o dobre de longas ca a súa anchura.

  2. s m [BOT]

    Pétalo superior da corola das papilionáceas.

  3. s m

    Aquilo que pasa a ser a representación ou o símbolo dun movemento ou dunha causa.

    Ex: Ese mozo foi o estandarte da protesta.