estetoscopio

estetoscopio

(< esteto- + -scopio)

s m [MED]

Instrumento que se utiliza para a auscultación indirecta. Actualmente se emprega o tipo biauricular mixto, formado por unha campá e unha membrana intercambiables que se aplica sobre a zona que se quere explorar. As vibracións que se captan transmítense ao oído do explorador mediante dous tubos de goma. O antigo estetoscopio monoauricular emprégano só os tocólogos para auscultar os ruídos do feto.