Estévez
Estévez
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que se estableceu en Quiroga e que se estendeu por toda a Península. As armas da rama galega levan un escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dous lobos de sable, andantes, armados e lampasados de goles e postos en pao; segunda partición, en campo de goles, cunha banda de ouro.