Estevo I de Hungría, santo
Duque (997-1000) e primeiro rei de Hungría (1000-1038). Converteuse ao cristianismo no 985 xunto co seu pai Géza, ao que sucedeu á fronte das tribos maxiares. De nome Vaik, ao casar coa princesa bávara Xisela bautizouse co nome do protomártir cristián. Cristianizou Hungría coa axuda dos beneditinos e, para recompensar a súa obra, o Papa Silvestre II proclamouno rei. Constituíu un Estado unificado e centralizado politicamente. Perseguidor implacable das tradicións maxiares, o Papa Silvestre II recompensoulle os seus servicios á Igrexa outorgándolle o título de “soldado de Cristo” e enviándolle unha coroa (“a coroa de santo Estevo”) que se utilizou desde entón na consagración dos monarcas húngaros. Na iconografía viste coiraza e roupas guerreiras, e leva como atributos persoais un estandarte coa imaxe da Virxe (símbolo do seu reino ao servizo de María) ou aparece brandindo unha espada (o seu reino ao servizo de Deus). Foi canonizado en 1083 e a súa festividade celébrase o 16 de agosto.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Esztergom -
Deceso
Lugar : Buda