estigma
(
-
s
m
Sinal ou marca no corpo, xeralmente indeleble.
Ex: Ten na cara estigmas da varíola.
-
s
m
Marca feita no corpo cun ferro candente que antigamente se lles poñía aos delincuentes ou aos escravos.
-
s
m
Motivo de deshonra ou mancha na reputación de alguén.
Ex: Levou sempre o estigma dos crimes perpetrados pola súa familia.
-
s
m
[RELIX]
Sinais que aparecen milagrosamente no corpo dunha persoa, semellantes ás aparecidas no corpo de Xesús Cristo durante a súa paixón.
-
s
m
[PAT]
Síntoma ou signo morboso persistente, característico dunha determinada enfermidade.
-
s
m
[BOT]
-
Parte apical do carpelo encargada de recibir o pole. É de formas moi variadas e adoita ter células papilares que secretan substancias viscosas.
-
Mancha ocular, de cor laranxa viva, formada por corpúsculos arredondados ricos en carotenos e situada na parte anterior dos plastos, que presentan moitas algas da división dos euglenófitos.
-
-
s
m
[ENTOM]
Cada un dos orificios respiratorios dos arácnidos, dos insectos e dos miriápodos.