estirar
(< es- + tirar)
-
v t
-
Facer unha cousa máis longa tirando dela. Na tradición oral recóllense ditos como: “O moito estirar fai ás veces crebar ou rachar”.
Ex: Estira a corda ata onde chegue. Estirou a masa para facer a empanada.
Confrontacións: alongar, estender. -
Facer que algo aumente de lonxitude ou de tamaño.
Ex: Ten a cabeza tan grande que me estirou toda a gorra.
-
-
v t
Estender o que estaba dobrado ou encollido. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ninguén estire a perna ata onde a manta non chegue”.
Ex: Os bombeiros estiraron as mangueiras para apagar o lume. Estira o brazo, que che dou un caramelo.
Sinónimos: estalicar, estarricar, estricar. Antónimos: encoller. -
v t
Alisar o que está engurrado ou pasar o ferro lixeiramente.
Ex: Estirou un pouco as toallas antes de poñelas no lavabo.
-
v i
Facerse máis longa unha cousa.
Ex: Estes xerseis de la estiran moito.
-
v i
Medrar unha persoa.
Ex: Hai que ver o que estirou esta nena desde que non a vexo.
Sinónimos: estarricar, estricar. -
v pron
Estender alguén o corpo ou os membros.
Ex: Estirouse na cama para que lle deran unha masaxe. Estírate un pouco e cólleme ese vaso.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estiro
estiras
estira
estiramos
estirades
estiran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estiraba
estirabas
estiraba
estirabamos
estirabades
estiraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estirei
estiraches
estirou
estiramos
estirastes
estiraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estirara
estiraras
estirara
estiraramos
estirarades
estiraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estirarei
estirarás
estirará
estiraremos
estiraredes
estirarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estiraría
estirarías
estiraría
estirariamos
estirariades
estirarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estire
estires
estire
estiremos
estiredes
estiren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estirase
estirases
estirase
estirasemos
estirasedes
estirasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estirar
estirares
estirar
estirarmos
estirardes
estiraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
estira
-
-
estirade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles estirar
estirares
estirar
estirarmos
estirardes
estiraren
estirada
estirados
estiradas