Estrada, San Paio da
Estrada, San Paio da
Igrexa parroquial situada na Estrada. A súa orixe está na igrexa da Praza, que se erixiu en 1859 tralo incendio da igrexa de Figueiroa (1855) e que se dedicou a san Paio. O templo que se conserva construíuse a comezos do s XX e despois dunha longa interrupción reanudáronse as obras en 1936. Trátase dun exemplo da arquitectura neomedieval que conxuga elementos románicos e góticos coas técnicas construtivas contemporáneas. No seu exterior destacan os contrafortes e a fachada principal, cun corpo central rematado nunha torre de planta cadrada aberta polos catro lados por un dobre arco de medio punto.