Estrada Catoyra, Ramón

Estrada Catoyra, Ramón

Mariño. Vicealmirante da Armada Española, comandou os buques Legazpi, Extremadura, Urania e Lepanto. Foi nomeado en 1915 capitán xeneral do Apostadero de Ferrol e despois conselleiro do Tribunal Supremo de Guerra y Marina. Colaborou na Revista General de la Marina. Na súa obra destacan Motores marinos de combustión interna (1908), en colaboración con Antonio Magaz, El teniente de navío D. José Luis Díez; recuerdos del tiempo viejo (1923), La Revolución del 68 (1924), Viaje del transporte Legazpi a los islotes de Salund en busca del crucero Filipinas (1926), Más sobre los embrollos históricos (1926), El nombre de Cervantes en nuestra Armada (1927) e Los ciclones antillanos (1929).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Habana

  • Deceso

    Lugar : Madrid