Estrada Palma, Tomás

Estrada Palma, Tomás

Político cubano. Formado en leis na Universidad de Sevilla e partidario da independencia, foi elixido presidente da República en armas (1876). Apresado en 1877, foi deportado a España. Trala Paz de Zanjón (1878) instalouse nos EE UU, e en 1895 substituíu a José Martín como delegado do Partido Revolucionario Cubano. Foi o primeiro presidente da República independente de Cuba (1902-1906), pero a solicitude de intervención armada dos EE UU para conseguir a súa reelección, provocou unha revolta que o fixo dimitir.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bayamo

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Cuba