estragón

estragón

(< fr estragon < ár ṭarhûn)

Nome científico: [Artemisia dracunculus,Fam das asteráceas]
s m [PLANTA]

Herba perenne, de talos erectos de ata 90 cm de altura, pubescentes, moi ramificados, con follas bipinnatisectas, dun verde esbrancuxado, e con capítulos colgantes, dispostos en panículas, de flósculos amarelos. Emprégase para condimentar sopas, salsas, carnes, conservas, ensaladas e outras preparacións. Existe a variedade francesa, máis aromática, e a rusa.

Palabras veciñas

estragador -ra | estragar | estrago | estragón | estralar | estrallo | estralo