estragón
estragón
(< fr estragon < ár ṭarhûn)
s
m
[PLANTA]
Herba perenne, de talos erectos de ata 90 cm de altura, pubescentes, moi ramificados, con follas bipinnatisectas, dun verde esbrancuxado, e con capítulos colgantes, dispostos en panículas, de flósculos amarelos. Emprégase para condimentar sopas, salsas, carnes, conservas, ensaladas e outras preparacións. Existe a variedade francesa, máis aromática, e a rusa.