estrame

estrame
s m [PESCA]

Arte de pesca que forma parte da liña que levan as dornas para a pesca do congro. Consta dun fío groso cun pandullo na punta, do que sae unha tanza rematada nun anzó; unida ao aparello leva tamén unha bolsa co engado.