estramonio

estramonio

(< lat científicostramonĭu)

Nome científico: [Daturastramonium, Fam das solanáceas]
s m [PLANTA]

Herbácea de ata 100 cm de altura, de aspecto ramalludo e cuberta de longas espiñas, con follas de ata 20 cm de longo e dentadas, flores brancas pentámeras con forma de funil e froitos constituídos por cápsulas de cor verde de 5 cm de lonxitude, que aparece en medios ruderais como cultivos e lugares incultos e removidos nitrificados, e que presenta alcaloides derivados do tropano -de acción antiespasmódica, antiasmática e antiparkinsoniana-. As follas frescas trituradas empréganse como analxésico local e as follas desecadas fúmanse para solucionar problemas respiratorios e como alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica.

Variantes

Palabras veciñas

estrambote | estrambótico -ca | estrame | estramonio | estrampina | estrañamento | estrañar