estratéxico -ca

estratéxico -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á estratexia.

  2. adx

    Que ten unha importancia decisiva para realizar algo, aplicado especialmente a un lugar ou a unha acción.

    Ex: Estaban situados nun lugar estratéxico.

  3. arma estratéxica [BÉL]

    Mísil empregado para ameazar un territorio inimigo dende unha distancia superior aos 5.000 km. O transporte destas armas realízase mediante un mísil balístico intercontinental, un avión tripulado con grande autonomía de voo ou un vehículo non tripulado de tipo cruceiro. No 1984 o arsenal estratéxico dos EE UU estimábase nunhas 11.600 bombas fronte ao da URSS, que contaba con 8.300. En 1991 os presidentes G. Bush e M. Gorbačov asinaron o primeiro Tratado de Redución de Armas Estratéxicas, polo que se acordou a redución do seu número en 1/3. O 13 de novembro de 2001 estableceuse un segundo acordo de desarmamento nuclear, en que se estipulou que cada unha das potencias debía limitar o seu arsenal a 3.000 ou 3.500 armas estratéxicas para o 2007.

Palabras veciñas

estrataxema | estratego | estratexia | estratéxico -ca | estrati- | estratificación | estratificar