Estrella Galaica, La
Estrella Galaica, La
Semanario aparecido en Santiago de Compostela a partir do 8 de marzo de 1896. Cesou probablemente o 2 de agosto do mesmo ano (nº18). Dirixiuna Magdalena de Monte Blanco, pseudónimo de Luis Bouza Trillo. Subtitulouse “Revista de modas y literatura”. Trátase dunha publicación orientada ao público feminino da época, que incluíu información sobre música, moda, debuxo, folletíns e unha sección literaria, con numerosas composicións poéticas. Ademais, inseriu debuxos e patróns de moda da autoría de Enrique Aguilera.