Etelfrido I de Northumbria
Etelfrido I de Northumbria
Rei de Northumbria (593-616), príncipe de Bernicia e de Deira (?-616), fillo do Rei Etelrico I. Estendeu o seu reino ata o Mar de Irlanda, ao vencer os escotos e os cumbrios (603) e os galeses (613), e converteuno no máis poderoso dos reinos anglosaxóns. Enfrontouse ao Rei Raedwad de Anglia do Leste e morreu na Batalla do río Idle.