eternidade
eternidade
(< lat aeternĭtāte)
-
s
f
Calidade de eterno.
Ex: Todos os homes queren alcanzar a eternidade.
-
s
f
Espacio de tempo moi longo.
Ex: O relatorio durou unha eternidade.
-
s
f
[FILOS]
Termo empregado para designar a totalidade do tempo ou para referirse a unha rexión intemporal na que Deus vive. Na filosofía presocrática empregouse o concepto de perduración infinita ou duración sen interrupción a través de todo o tempo. Platón distinguiu entre o eterno e o perdurable, e na Idade Media a escolástica definiuna como a duración dun ser que exclúe todo principio e fin sen ningunha mutación.
-
s
f
[RELIX]
Carácter de algo que está fóra do tempo. É un dos atributos divinos na teoloxía cristiá e noutras relixións monoteístas.