eterno -na
(< lat aeternu)
-
adx
Que non ten principio nin fin.
-
adx
Que non ten fin ou durará para sempre.
Ex: A nosa relación será eterna. A garantía destes produtos é eterna.
Confrontacións: inmortal. -
adx
Que dura moito tempo.
Ex: O paseo fíxose eterno. A espera no médico foi eterna.
Sinónimos: inacabable, interminable. -
adx
Que permanece inmutable ao longo do tempo.
Ex: Despois de cen anos seguen enxalzando os eternos valores da irmandade.
-
adx
Que é habitual e se repite con frecuencia.
Ex: Sempre nos riamos dos seus eternos chistes.
-
eterno retorno
[FILOS]
Teoría filosófica que mantén que a realidade ten un principio e un fin que leva de novo ao principio. Aplicada á vida humana, considérase que unha vez morto o corpo, a vida volve empezar, ben noutro corpo ben volvendo ao momento do propio nacemento para vivir a mesma vida de novo. Iniciárona no s VI a C os pitagóricos que, seguindo teorías do orfismo, afirmaron a transmigración das almas nunha serie de ciclos cósmicos de mortes e nacementos sucesivos. A teoría retomouna Platón baixo a idea da transmigración; sen embargo, foi F. Nietzsche no s XIX quen desenvolveu o concepto ao afirmar que o eterno retorno significa que todo, incluída a nosa vida, se repetirá eternamente e exactamente igual para toda a eternidade, pasado, presente e futuro, posto que o tempo é un círculo. No ámbito das decisións morais implica que todo o que agora se decida facer será repetido no futuro, de aí a responsabilidade á hora da decisión. Supón o recoñecemento vitalista do desexo de permanencia e eternidade que todo ser vivo leva dentro. Este concepto tense relacionado a miúdo co conatus de B. Spinoza.
Frases feitas
-
O sono eterno. A morte.