Ethica

Ethica
Nome científico: [Ética]
[LIT/FILOS]

Obra de Baruch Spinoza publicada en 1677 co título Ethica, ordine geometrico demonstrata (Ética demostrada segundo a orde xeométrica). Trátase dun estudo filosófico ordenado por definicións, axiomas, demostracións e corolarios, seguindo a estrutura dos tratados de xeometría. Con esta obra, Spinoza levou a cabo a idea cartesiana de fundar unha ética baseada exclusivamente na razón, polo que propuxo deixar de lado todas as paixóns para alcanzar a felicidade máis pura. Ademais, distinguiu entre os tres xéneros de coñecemento, sensible, conceptual e intuitivo.

Palabras veciñas

Etheredge, George | Ethernet | EtherTalk | Ethica | etic* | ética | Ética a Nicómaco