etilamina
etilamina
(< etilo + amina)
s
f
[QUÍM]
Amina primaria que se obtén por reacción do etanol co amoníaco, na que se produce a substitución dun hidróxeno do amoníaco por un radical etil procedente do etanol. É incolora e soluble en auga. Emprégase como estabilizador de gomas elásticas, intermediario na fabricación de colorantes e medicinas, disolvente e na síntese orgánica.