etilbenceno

etilbenceno

(

Nome científico: [C<sub> 6</sub> H<sub> 5</sub> CH<sub> 2</sub> CH<sub> 3</sub> ]
s m [QUÍM]

Hidrocarburo aromático presente nas fraccións de destilación do petróleo. É un líquido incoloro, insoluble en auga e mesturable en disolventes orgánicos, que se emprega como produto base para a obtención do estireno, e tamén como disolvente na síntese orgánica. Industrialmente, obtense por alquilación do benceno con etilo (90%) e por destilación da fracción xilénica, resultante do reforming catalítico (10%).