Etmopterus
Etmopterus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes mariños bentónicos, da familia dos escuálidos, de talle pequeno. O seu corpo é cilíndrico, comprimido ou lixeiramente deprimido; a boca está en posición ventral e carece de aleta anal. Os dentes superiores presentan 3 ou 5 cúspides -das que a central é máis longa-, e os dentes inferiores unha soa cúspide moi inclinada lateralmente. Nas costas galegas están presentes as especies E. princeps, E. pusillus e E. spinax.