Etna
Etna
olcán activo e situado no sector oriental da illa de Sicilia, Italia, ao NO de Catania. É o máis elevado dos volcáns activos no continente europeo, con 3.323 m de altitude. As primeiras erupcións submarinas que contribuíron á formación do edificio volcánico do Etna dátanse no Pleistoceno Medio, hai 700.000 anos. As erupcións posteriores foron constantes; só en época histórica, rexistráronse máis de 150 erupcións, dende a de 693 a C, que destruíu a antiga Catania. Algunhas das máis violentas foron as de 1381, 1669 (unha das máis espectaculares), 1755, 1819, 1950-1951 e 1971.