etnobioloxía
etnobioloxía
(
s
f
[BIOL]
Ciencia interdisciplinar que ten como obxectivo detectar e definir os fundamentos científicos e os diferentes métodos tradicionais que os pobos indíxenas e as comunidades locais empregan para a xeración de coñecementos en relación aos seres vivos e ás culturas humanas. A súa investigación abarca os campos da bioloxía e a antropoloxía. A través dos coñecementos etnobiolóxicos pódese ver que o home na súa socialización da natureza desenvolve unha serie de técnicas de reprodución de plantas e animais, clasificación e valorización cunha simboloxía plenamente establecida polo consenso e as experiencias do grupo social.