eutexia

eutexia
s f [FÍS/QUÍM]

Fenómeno que aparece nos cambios de fase dalgúns sistemas binarios nos que, para unha ou máis proporcións determinadas dos compoñentes, o sistema se comporta como un elemento puro na solidificación, é dicir, produce un único composto sólido. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

Eutelo de Tournai, | Eutelo, santo | EUTELSAT | eutexia | Euthynnus | Eutidemo | Eutifrón