Eutifrón

Eutifrón

Diálogo de Platón titulado Da piedade (s V a C). Nesta obra os interlocutores son Sócrates e Eutifrón, adiviño ateniense, que dialogan sobre a relixión e a piedade. Platón afirmou a superioridade da relixión socrática e a identificación, en contra das crenzas populares, do home piadoso como home que se esforza para parecerse ao ser divino mediante a práctica da virtude e a xustiza.

Palabras veciñas

eutexia | Euthynnus | Eutidemo | Eutifrón | Eutímides | Eutimio, san | Eutimio, san