Eva
Eva
[ONOM]
Antropónimo feminino procedente do hebreo Hauuâh (nome da primeira muller), a través do latín eclesiástico Heva e do grego bíblico Eua. Este nome relacionouse, por etimoloxía popular, co hebreo hâyâh ‘vivir’, no sentido de ‘nai dos viventes’. Non obstante , considérase máis probable que estea vinculado ao nome semítico da serpe (ár hayya ‘serpe, víbora’). A súa festividade celébrase o 19 de decembro, agás en Laza, onde o 3 de maio ten lugar a Festa da Eva ou Festa da Santa Cruz; trátase dun auto sacramental, que se remonta ao 1560, en que unha moza solteira, vestida de noiva, personifica os seres do outro mundo e evade as mensaxes pícaras que lle dirixe Adán.