Evans, Frederik Henry

Evans, Frederik Henry

Fotógrafo. Traballou primeiramente como empregado de banca antes de abrir en 1880 unha librería na capital inglesa. Neses anos coñeceu a Aubrey Beardsley e a partir de 1898 dedicouse por completo á fotografía. A principios da década de 1890 realizou numerosas fotografías de catedrais medievais inglesas e francesas e doutros edificios de gran beleza arquitectónica. Seis anos despois da súa mostra titulada At Home Portraits (1891), expuxo parte da súa obra no Architectural Club de Boston, que completou en 1900 nunha mostra individual na Royal Photographic Society e no salón The Linked Ring Brotherhood. Neses anos, publicou artigos e fotografías nas revistas Camera Work, Amateur Photographer e Country Life. Participou tamén nunha mostra nas galerías do grupo Photo-Secession de Nova York e na Exposición Internacional sobre fotografía pictorialista de Buffalo (Nova York). Entre os seus recoñecementos, cómpre salientar unha medalla da Royal Photographic Society (1887), institución na que foi escollido como membro a partir de 1928 e da que recibiu unha homenaxe en 1945.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Londres

  • Deceso