Evax

Evax
[PLANTA]

Xénero de herbáceas, da familia das asteráceas, que carecen de látex e se caracterizan por presentar talos foliosos que portan os capítulos -con todas as flores tubulosas envolvidas por mais de 30 brácteas involucrais- reunidos nun glomérulo plano. En lugares secos, areosos e pedregosos, a miúdo preto do mar da metade sur de Galicia, está presente a especie Evax pygmaea.